Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Sendeirismo 2013 Illa de Arousa
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Ruta de sendeirismo na Illa de Arousa

Casa da Cultura. Concello de Brión

O sábado 22 de xuño o Departamento de Deporte do Concello de Brión organiza unha nova ruta pedestre dentro do programa de actividades Sendeirismo 2013. Nesta ocasión o destino elixido é o Parque Natural da Illa de Arousa en Pontevedra.

O sendeiro percorre unha distancia de 17 km, cun perfil de dificultade baixa. Os participantes sairán, coma sempre, dende a Carballeira de Santa Minia, lugar onde os esperará o autobús ata as 8:30 h. O regreso está previsto para as 20 h.

O prezo da actividade é de 8 € por persoa, cantidade que deberá aboarse antes do día 20 de xuño a través das follas de pagamento do concello que deberán ser entregadas na Casa da Cultura correctamente cubertas. Non se admiten pagamentos conxuntos, cada participante deberá facelo de xeito individual a través de cadansúa folla de taxas.

Recomendase levar roupa e calzado axeitados para actividades deportivas na natureza. E, por suposto, a comida tipo pícnic para xantar a medio día, pois a ruta prolongase dende a mañá ata o serán.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela