Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Ruta de sendeirismo Cabo Home
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Ruta de sendeirismo en Cabo Home

Casa da Cultura. Concello de Brión

O sábado 27 de abril un grupo de aproximadamente 110 persoas participaron nunha ruta de sendeirismo na entorna natural de Cabo Home, na parte máis occidental da Península do Morrazo. A marcha, organizada polo Departamento de Deportes do Concello de Brión, forma parte do programa de Sendeirismo 2013, unha actividade que está a acadar un grande éxito de participación.

Os excursionistas gozaron dunha excelente xornada que en ningún momento se viu alterada por incidencias climáticas negativas. A pesares da predición de tempo atmosférico inestable o día presentouse ideal para camiñar, nunha zona que se caracteriza polas súas espectaculares paisaxes, onde os cabos se alternan con acantilados e praias bicadas polo océano Atlántico.

Os camiñantes recorreron un sendeiro de aproximadamente 20 km, a través de areais case virxes bañados por augas cristalinas e atravesando a escarpada Costa da Vela, onde se atopa o mítico Monte Facho coñecido polo santuario do deus Berobreo e un poboado castrexo.

A punta de Cabo Home destaca polo seu alongado faro de cor branca, unha das lanternas mariñas máis altas de Galicia. En fronte, case ao alcance da man, aparecen as Cíes, unhas illas que acompañan ao camiñante ao longo da ruta. En punta Sabrido contemplaron outro faro, parecido ao anterior aínda que non tan alto. As praias de Barra e Nerga , co seu magnifico conxunto de dunas, enriquecen unha panorámica difícil de esquecer.

Pero non acaban aquí as sorpresas, pois a ruta aínda garda unha última satisfacción para o camiñante. Esta non é outra que contemplar o famoso cruceiro de Hío, unha das máis destacadas cruces de pedra galegas situada fronte a igrexa parroquial de Santo André no concello de Cangas.

A marcha comezou aproximadamente ás 11 da mañá e rematou preto do serán, polo que os participantes levaron o xantar tipo pic-nic. Unha comida que gozaron mestres contemplaban espectaculares vistas da ría.

Un inesquecible día de lecer na natureza que axiña poderemos repetir nunha nova ruta que xa está preparada. Mentres esperamos por ela, que mellor que recordar a xornada vendo unha galería das mellores imaxes do día.

Ligazón coa galería de imaxes da ruta

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela