Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Ruta de sendeirismo Cabo Home-Costa da Vela
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Ruta de Sendeirismo Cabo Home-Costa da Vela (Cangas)

Casa da Cultura. Concello de Brión

Todos os que gozan co deporte e a natureza o día 27 de abril teñen a oportunidade de participar nunha nova ruta de sendeirismo organizada polo Concello de Brión. Nesta ocasión o destino elixido é a Península do Morrazo en Pontevedra por onde transcorre o sendeiro que percorre a contorna do Cabo Home e a Costa da Vela.

O Cabo Home fica na parte máis occidental da península, e ofrece espectaculares panorámicas das Illas Cíes que forman parte, xunto coa Illa de Ons, a illa de Sálvora e Cortegada do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Este lugar ten un indubidable valor paisaxístico xa que posúe a zona de acantilados máis espectacular do Morrazo. Tamén destaca a diversidade da súa flora e fauna e a agreste beleza das praias de Barra, Nerga e Melide, que conforman un sistema de dunas de grande importancia, quizais o máis extenso e mellor conservado da Ría de Vigo.

Os camiñantes van recorrer un sendeiro de aproximadamente 17 Km, cun grao de dificultade que se estima baixa. Como sempre sairase dende a Carballeira de Santa Minia ás 8:30 h. para regresar ao mesmo lugar arredor das 8 do serán.

A excursión transcorrerá ao longo da mañá e da tarde do sábado, polo que será necesario levar o xantar (tipo pícnic) para comer a mediodía. Tamén se recomenda levar roupa e calzado axeitados para andar, atendendo a climatoloxía que presente o día.

Cunha cota de inscrición de 8€ e un límite de 50 prazas, os interesados e interesadas xa poden formalizar a inscrición nesta actividade na Casa da Cultura ata o día 25 de abril. Para confirmar a praza será imprescindible entregar a folla de taxas oficial do concello correctamente cuberta e asinada antes da data indicada con anterioridade. Non se admiten pagamentos conxuntos; cada participante deberá aboar a cota de maneira individual en cadansúa folla de taxas.

Para máis información os técnicos da Casa da Cultura atenderán gustosamente calquera consulta, chamando ao tfno.: 981 50 99 08 e 981 50 99 69.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela