Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  | Seg>
Separador
Evangelina Barbazán
Esta entrañable veciña de Mourentáns, da parroq... [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Os mitos, lendas e crenzas brionesas

GIS-T Idega

Partindo da antolóxica superstición galega, non hai lugar na nosa terra que non teña unha lenda misteriosa na súa historia, nin un conto máxico transmitido de xeración en xeración. Mitos, relatos e lendas contadas arredor do lume, alimentadas polo imaxinario popular e extendidas pola atracción cara o descoñecido. Brión non é unha excepción, e son moitas as historias que aínda se manteñen na memoria dos vellos, e non tan vellos, dos lugares.

Co mundo máxico como telón de fondo e a noite por escenario, as lendas brionesas se desenvolven entorno a personaxes comúns das lendas galegas. As meigas, a Santa Compaña ou os espíritus forman parte do plantel de protagonistas destas historias que provocan arrepío entre os supersticiosos e non deixan de causar curiosidade ata ós máis escépticos.

Lonxe do arquetipo da muller ataviada cun sombreiro alto e acompañada dunha vasoira, a meiga na cultura galega relaciónase máis coas menciñeiras tradicionais, persoas con cualidades máxicas, capaces de facer tanto o ben coma o mal. A predicción de acontecementos futuros, o uso de herbas e elementos da natureza para facer feitizos ou o poder para conxurar o mal de ollo, son só algunas das facultades que se lles supoñen a estes personaxes clásicos da nosa mitoloxía. Existe en Brión dúas historias moi particulares entorno a elas, contadas para InfoBrión por
Evangelina Barbazán. A primeira delas nos achega ata a popular Fonte das Meigas, onde se dicía que as bruxas ían lavar os seus trapos. A outra lenda se refire ás meigas coma “tortilleiras”, xa que para difundir o mal de ollo deixaban unhas tortas nas portas das casas ou nas propiedades das persoas ás que querían maldecir. Segundo a propia Evangelina, algúns veciños trataron de desfacerse das tortillas queimándoas, e o único que conseguiron foi que se derreteran.


Existen algún métodos para protexerse das meigas, entre os que destacan os seguintes:

- Levar ramas de muérdago, allo ou cunchas colgadas ó colo. Ademais de pedras como o acibache ou o ámbar.

- Clavar na porta do noso fogar unha ferradura de cabalo.

- Ter na casa terra bendita de camposanto, sal, tesoiras abertas ó pé da cama ou orina de cabalo.


Segundo a crenza popular, a xornada máis propicia para que as meigas fagan a súa aparición, así como para que acontezan feitos fóra do común, é a máxica noite de San Xoán. Unha festividade na que os costumes actuais seguen a ser moi similares ós de tempos pasados. Queimar as cousas das que nos queremos desfacer, saltar as cacharelas co fin de purificarnos e liberarnos dos malos espíritus, ou lavarnos pola mañá con flores son só algúns dos ritos máis comúns desta data. Veciños de Brión como Evangelina Barbazán, Ramón Barbazán ou Josefa Vázquez recordaron para InfoBrión algunhas destas tradicións ancestrais. Todos eles rememoraron as verbenas que se organizaban a noite do 23 ó 24 de Xuño, nas que as trasnadas dos mozos e mozas das aldeas compartían protagonismo co asado das sardiñas, os bailes ou as fogueiras. Tamén era moi habitual recoller esa mesma noite algunhas flores e poñelas a serear fóra da casa para que as molle o orballo da noite, co fin de lavar a cara con elas ó amencer. Ademais de colgar herbas de San Xoán nas portas e deixalas secar para logo facer infusións curativas. Todos costumes que forman parte dunha longa listaxe de hábitos que pode variar segundo a zona xeográfica.

Unha das crenzas máis arraigadas e coñecidas da tradición galega é a Santa Compaña. Unha procesión de ánimas en pena que percorren os camiños de noite co fin de visitar as casas nas que haberá unha morte nun breve espacio de tempo. Cargada con cirios, esta comitiva funesta vai precedida dun vivo o cal debe portar unha cruz e un caldeiro de auga bendita ata atopar a outro humano que o substitúa. A lenda di que se nos cruzamos coa Santa Compaña debemos seguir unha serie de instruccións para evitar unha morte prematura. Trazar un círculo no chan ó noso redor ou deitarnos boca abaixo son as prevencións a tomar.


Para adentrarte no misterioso mundo das lendas galegas podes visitar calquera das seguintes páxinas de Internet. Para acceder a elas, só debes premer nestes enlaces:
Fillos de Breogán
Wikipedia
Galicia Encantada

Celtiberia

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela