Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Presentación do Diccionario de María Mariño
Esperanza Mariño presenta o seu libro sobre a poe... [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Esperanza Mariño Davila: “A poetisa era compulsiva.Tiña que escribir versos todos os días”

Concello

O Centro Social Polivalente de Brión acolleu onte ante unha vintena de asistentes a presentación do Diccionario María Mariño, da autora Esperanza Mariño Davila. No acto, que forma parte das actividades da XVII Feira do Libro de Brión, estiveron presentes o alcalde do municipio, José Luis García, a propia autora, o escritor e poeta Miro Villar e o director da editorial amiense 3C3 Editores, Antonio Puentes Chao.

O primeiro en intervir foi o director da editorial quen salientou a rigorosidade e boa estrutura do exemplar. Segundo Antonio Puentes este manual, o número sete da colección ‘Diccionario’, “ofrécenos un completo estudo, con todos os datos e a análise da obra desta escritora á que a Academia lle rende tributo este ano”. Ogranizado alfabeticamente, o volume fai repaso ao máis destacado da vida e obra da nosa protagonista a través das diferentes entradas, perfectamente clasificadas e conta con cadros sinópticos, recursos e actividades para traballar cos alumnos na aula a modo de unidades didácticas; así como cunha selección de textos e unha sección de imaxes. O limiar é obra do académico Darío Xohán Cabana.

Pola súa banda, Miro Villar defendeu a persoalidade e individualidade de María Mariño “unha muller incomprendida polos críticos á quen se lle acusou de estar excesivamente influenciada por Uxío Novoneyra”. Para Villar a obra de Mariño estivo sempre infravalorada: “Non penso que haxa tal influenza de Novoneyra pois María Mariño conta cunha enunciación poética única e unha linguaxe plagada de termos marítimos que nada teñen que ver coa creación de Novoneyra”. Para este poeta, “un autor nunca debe ser xulgado pola cantidade do escrito senón polo que transmiten as súas palabras”.

REVELACIÓNS DA AUTORA
Pechou o acto a autora do libro, quen nos achegou as claves para comprender a producción literaria de María Mariño. “Hai moitas cousas curiosas a destacar sobre esta autora, a primeira o descoñecemento que existe sobre a súa obra. Así, aínda hai versos inéditos dela, como a súa peza Los años pobres. Memoria de guerra e posguerra”, comentou. “En segundo lugar falamos dunha muller adiantada ao seu tempo, dunha costureira con oficio de poeta que gustaba da soidade, da súa parcela de instrospección, cousa pouco común na época”, engadiu. “Finalmente estamos ante unha creadora marcada polo seu tempo -o de entreguerras- e polas súas cirscunstancias persoais -a morte prematura do seu único fillo e o seu padecemento de leucemia-”, remata. Outro dato curioso que aportou Esperanza Mariño foi a obsesión da escritora por compoñer todos os días sen excepción. “María Mariño era compulsiva. Tiña que escribir versos cada xornada. A súa poética metafísica e abstracta, chea de simbolismo como a ponte (enlace entre a vida e a morte) é sen dúbida única”, conclúe.

Acerca do libro, Esperanza Mariño resaltou a súa aportación testimonial. “Este é un dos poucos libros sobre María Mariño que inclúen revelacións de persoas de Boiro e A Pobra do Caramiñal que a coñeceron. Pero ademais inclúe un estudo pormenorizado sobre a linguaxe da poetisa, unha reflexión sobre a posición dos críticos ante a súa obra, documentos como partidas de nacemento, casamento, finamento..., e unha análise de Palabra no tempo (1963) e de Verba que comeza, peza póstuma de Mariño que se publica no 1990”, aclara.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela