AÃnda que longa e confusa, a historia da chegada do millo a Galicia parece ter relación co descubrimento de América no 1492. SerÃa Colón o encargado de traer á PenÃnsula tres productos que acabarÃan por convertirse en elementos imprescindibles da gastronomÃa galega. A pataca, o tomate e a variante americana do millo implantarÃanse con tanta forza en todo o paÃs, que chegaron a transformar hábitos alimenticios, economÃa, sociedade e paisaxe. A pesar de que o cultivo do millo non se xeneralizou ata o século XVIII, este producto acabarÃa desterrando ó paÃnzo, converténdose nun ingrediente básico, xunto coa castaña, na dieta galega… E non só na dieta, incluso os xogos dos máis pequenos mudaron para adoptar este cereal como un elemento máis do seu tempo de ocio. A escopeta de millo, os bailaretes de carozo ou o estraloque e o violÃn convertÃronse en xoguetes habituais entre os cativos e cativas galegas.
Durante os duros anos da Guerra Civil e da posguerra, cando a fame era unha sensación habitual entre os galegos, o millo pasou a ser, gracias á súa ductilidade, a base da alimentación xunto á pataca. O seu gran pódese empregar de moi diversas formas, maduro ou leitoso, de calquera das súas cores ou tipos e en diferentes receitas. Os derivados da súa fariña son os máis habituais na gastronomÃa galega, destacando o pan, as papas ou a empanada, sendo estas só algunhas das moitas posibilidades que da o seu uso.
InfoBrión recopilou algunhas receitas clásicas deste producto entre os veciños e veciñas do Concello. É o caso das Filloas de óleo de Dorinda Beis Lemos, que se preparan con óleo peneirado da fariña de millo, auga, unha area de sal e un par de ovos. Tras mesturar todo, úntase a filloeira cun anaco de touciño, para logo botar un pouco de masa na filloeira. Exténdese e se cociña ata consegui-la consistencia desexada. Tamén José Sánchez Velo aportou a receita dun dos platos máis tÃpicos da zona a do Pan de broa, que se elabora coas fariñas de millo e de centeo recén peneiradas. Despois de xuntalas, bótanse nunha artesa con auga quente e se amasan. O último paso é grama-la broa, metela ó forno e deixa-la cocer segundo o gusto.
Pero o millo mostrou ter moitas outras utilidades, incluso veterinarias. Segundo Carmen Suárez este cereal é útil contra a mamite das vacas. Hai que colle-las barbas do millo e deixalas secar, unha vez secas faise unha infusión con elas e que se lle dará ás vacas con esta dolencia.
Este cereal emigrante e histórico chegou ata os nosos dÃas convertido nun ingrediente imprescindible da nosa rica gastronomÃa, pero tamén da nosa cultura, chegando a influir na toponimia ou no refraneiro popular. Boa proba da súa importancia son os numerosos campos galegos, particularmente de Brión, nos que podemos ver crecer esta gramÃnea que colorea a paisaxe co seu gran amarelo e o seu tallo verde.
Se queres ter máis información sobre o millo, a súa historia e os seus usos podes consultar nas seguintes páxinas web:
GastronomÃa Galega
Mailxmail.com