Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  4  | Seg>
Separador
María del Carmen Patrón Nieto. Artesana de Brión.
Esta artesana de Brión amósanos un dos traballos... [+]
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai
Otros Trabajos

Entrevista a María del Carmen Patrón Nieto, costureira-bordadora dos Ánxeles

Yolanda García. Carlos Macía. GIS-T IDEGA

Maruja sempre foi unha namorada da costura, tanto, que sendo aínda moi nena xa se imaxinaba cosendo. As labores de costureira aprendeunas pola súa conta. Ninguén lle ensinou a coser e bordar, agás, algunha pequena axuda que obtivo de Isolina de Abeledo. Maruja ten traballadas moitas horas, incluso á luz do candil. Hoxe en día sigue sendo tan grande a súa paixón pola costura que tódolos días pasa pola máquina e dedícase a traballar uns bos anacos de tempo coa mesma. Ademais de costureira, Maruja traballa co punto de cruz, unha afección que tamén aprendeu pola súa conta valéndose de revistas. Esta actividade precisa dun bastidor no que se traballa con tela de Panamá. O fío tamén é especial, de madeixa. O punto de cruz é moi complexo, en ocasións os debuxos empregan ata 40 fíos de distintas cores. A realización dun cadro en punto de cruz pode levar entre 15 días e un mes. O traballo é moito, pero, a satisfacción é maior. Maruja fai traballos de bordado e punto de cruz por encargo; contactos teléfono 981 884083, e-mail info@infobrion.com.

María del Carmen Patrón Nieto, coñecida por Maruja, sempre foi unha namorada da costura. Tan grande era a súa paixón que sendo aínda moi nena, cando vivía no Cabo, nos seus ratos de xogo imaxinábase cosendo. Deste xeito, e despois de pasar pola escola de O Tremo, os seus pais agasallárona cunha máquina de coser coa que comezou a traballar en moitas casas do concello.
As labores de costureira aprendeunas pola súa conta. Ninguén lle ensinou a coser e bordar, agás, algunha pequena axuda que obtivo de Isolina de Abeledo. Sempre camiñando e cargando coa súa máquina, fórense acumulando os traballos e as visitas en moitas das casas de Os Ánxeles, Brión, Rial, Alqueidón, O Tremo, Guitiande... Así, facer dunhas mangas uns calcetíns, ou ben, remendar unhas sabas convertéronse en labores cotiás na súa vida. Maruja non tivo moito tempo para xogar coas amigas da infancia, pero, non ten ningunha mágoa. Ela sentíase moi satisfeita axudando ós seus pais.
Despois de casar, Maruja estivo emigrada co seu marido durante seis anos en Inglaterra. De regreso a súa terra fixeron a casa en Guitiande e Maruja comezou a desenvolver o seu traballo de costureira como contratada en varias fábricas, ata que veuse obrigada a deixalo oficio por enfermidade.
Maruja sempre traballou na casa. Ten traballadas moitas horas, incluso á luz do candil. Hoxe en día sigue sendo tan grande a súa paixón pola costura que tódolos días pasa pola máquina e dedícase a traballar uns bos anacos de tempo coa mesma.
Ademais de costureira, Maruja traballa co punto de cruz, unha afección que tamén aprendeu pola súa conta valéndose de revistas. Esta actividade precisa dun bastidor no que se traballa con tela de Panamá. O fío tamén é especial, de madeixa. O punto de cruz é moi complexo, en ocasións os debuxos empregan ata 40 fíos de distintas cores. A realización dun cadro en punto de cruz pode levar entre 15 días e un mes. O traballo é moito, pero, a satisfacción é maior.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela