Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  4  5  6  7  | Seg>
Separador
Pazo do Casal
O Pazo do Casal está abandonado dende fai varios ... [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

O Pazo do Casal

GIS-T IDEGA. USC.

Entre as ruínas do Pazo do Casal aínda permanecen vivos os recordos dos veciños da aldea. Lembran como o "señor" do pazo recaudaba as rendas ós veciños nunha casa anexa ó edificio e como gardaba no seu interior os cabalos. No lugar de O Casal quedan as ruínas dun pazo que leva o mesmo nome da aldea. Este pazo tentouse restaurar pero as obras xa levan paradas varios anos. Tivo unha torre redonda, a pesares de que actualmente está moi reformada. Dispoñía dunha ampla cociña cunha monumental cambota e cheminea, ademais dunha capela (aínda cuberta) que forma parte do edificio. Capela na honra de San Xosé, para o cal os veciños da aldea celebran unha festa cada 19 de marzo. Segundo as investigacións, este pazo xa existía no S.XVII, sendo habitado por diferentes familias ata o seu abandono fai xa varios anos. Uns veciños do lugar contáronnos que o último inquilino que habitou o pazo foi un tal "Mazas". Suposto membro da familia Barrié de la Maza que, unha vez que abandonou o pazo, estableceu a súa residencia na cidade de Vigo e xa non regresou xamais.

Os máis anciáns do lugar recordan como o "señor" que vivía no pazo cobraba as rendas ós campesiños do lugar. Actualmente o acceso ó interior do pazo non está permitido, debido ó mal estado no que se atopa o seu interior e ó risco de que os nenos da aldea poidan ter algún accidente xogando no interior do mesmo.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela