Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  4  | Seg>
Separador
Pombal do Pazo do Casal
Ó igual que o Pazo do Casal, o pombal está aband... [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Os pombais de Brión

GIS-T IDEGA. USC

Como dicía o etnógrafo Xaquín Lorenzo "raro é o pazo ou casa grande que non conta con pombas" e por engadidura co Pombal, comenta que se trata dunha "construcción especial que dependendo da riqueza dos donos, e do número de pombas a conter é de mellores materiais e diferentes tamaños, podendo pasar do sinxelo caixón de táboas ata os grandes pombais de pedra". Moitos son os nomes galegos que fan referencia ás pombas e á construcción que lle sirve de habitáculo nas casas, os pombais. A coñecida zona santiaguesa do Pombal, o mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro nas marxes do río Sil en Ourense, nomes de aldeas e lugares con Pombal, Pombariños, Pomba, Pombeira... así demostran esta afirmación. Como dicía Xaquín Lorenzo "raro é o pazo ou casa grande que non conta con pombas" e por engadidura co Pombal, comenta que se trata dunha "construcción especial que dependendo da riqueza dos donos, e do número de pombas a conter é de mellores materiais e diferentes tamaños, podendo pasar do sinxelo caixón de táboas ata os grandes pombais de pedra", que son que máis nos interesan neste momento.

ARQUITECTURA DOS POMBAIS DE BRIÓN

O pombal soe ter, a maior parte das veces, unha forma circular, como o que podemos observar diante do xulgado de Pedrouzos e en moitos outros lugares de Brión, pero podemos ver, tamén no noso concello, pombais de forma cadrada ou octogonal, sendo estes últimos os menos abundantes.

É rara a parroquia que non conta no seu contorno con un ou varios exemplares de esta peculiar obra arquitectónica. Por citar un exemplo podemos dicir que na parroquia de Ons podemos observar ata un total de catro, todos eles en estado ruinoso. Na finca rectoral dos Anxeles vemos un de planta cadrada, en mellor estado de conservación que o que se encontra fronte á casa rectoral de San Fins de Brión... e así podemos continuar ata chegar a un número de pombais no concello de Brión, que podería sorprendernos gratamente.

En tempos pasados os pichóns eran máis valorados culinariamente que agora e isto levaba a que as casas máis fortes, incluíndo nelas as rectorais, invertisen moi cartos na construcción desas edificacións que albergaban centos de pombas.

AS PARTES DUN POMBAL



Tódolos elementos que forman parte dun pombal teñen a súa función e importancia, dende os muros ata os nichos para coloca-los niños das pombas, pasando pola pía do gran, o tellado e demais elementos constructivos.

Os muros soen adaptarse ás diferencias do terreo construíndose con cachotería de pedra granítica que despois se cubre cunha capa de cal. Son raros os pombais de canteiría.

O tellado soe ser cónico ou a unha auga, no caso dos pombais circulares. Hoxe en día, por desgracia xa desapareceron a maioría dos casos debido ó abandono dos pombais e ó seu derrubamento por falla de coidados.

Estes tellados cóbrense con tella na nosa zona, levando no cumio un adorno consistente nun pequeno pináculo de pedra. Debaixo do aleiro do tellado sole haber unha serie de buratos por onde as pombas entran e saen da edificación, estes soen estar na cara protexida dos ventos dominantes.

Para facilitarlles estes movementos na parte inferior dos buratos existe un pousadoiro, xeralmente de pedra, aínda que tamén os hai de madeira, a modo de coroa que percorre todo o perímetro da construcción.

A porta soe ser pequena e non se encontra a rente do chan senón que está algo elevada.

Xa no interior, o máis destacado son os nichos ou buratos feitos con laxes de pedra formando unha cuadrícula todo arredor da parede do pombal a partir de unha altura dun medio metro; nestes nichos aniñan as pombas.

A certa altura do chan podemos encontrarnos cunhas pedras que sobresaen do que é o nivel dos nichos, e que teñen a función de torna-los ratos, impedíndolle que suban ós niños.

No centro da edificación existe unha mesa de pedra que serve para botarlle gran ás pombas, sobre todo nos meses do inverno, cando non é doado atopar alimento nos campos.

O ENTORNO DOS POMBAIS

A maioría dos pombais que podemos ver no noso concello, probablemente non sexan anteriores ó século XVIII, época da construcción dos conxuntos arquitectónicos nos que están inmersos casas rectorais, pazos, e casas grandes do concello.

De todos modos, as primeiras referencias que se teñen de pombais datan de documentos medievais tardíos, apuntando os estudiosos do tema, que a totalidade dos pombais actuais galegos non sobrepasan os 300 anos.

Fonte: Revista Altamira. O Xornal Verde. Marzo 1993. Nº12. páxina 3.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela